O Bajo Martín (en galego: Baixo Martín) é unha comarca situada ao norte da provincia de Teruel, en Aragón. Recibe o seu nome do río Martín, que a atravesa no seu curso baixo e que baña a maioría de localidades da comarca. A súa capital é Híjar aínda que a capital cultural é Albalate del Arzobispo.
Xeografía
Limita ao norte coa Ribera Baja del Ebro, ao oeste co Campo de Belchite e as Cuencas Mineras, ao sur con Andorra-Sierra de Arcos e ao leste co Bajo Aragón e Bajo Aragón-Caspe. Esta comarca forma parte do Baixo Aragón Histórico.
Concellos
Concello
|
Extensión (km²)
|
Poboación (2007) (hab.)
|
Densidade (hab./km²)
|
Albalate del Arzobispo
|
205,69
|
2.238
|
10,88
|
Azaila
|
81,44
|
163
|
2,00
|
Castelnou
|
37,09
|
123
|
3,32
|
Híjar
|
165,40
|
1.968
|
11,90
|
Jatiel
|
11,01
|
55
|
5,00
|
La Puebla de Híjar
|
60,78
|
1.005
|
16,54
|
Samper de Calanda
|
142,80
|
1.003
|
7,02
|
Urrea de Gaén
|
40,92
|
540
|
13,20
|
Vinaceite
|
50,07
|
332
|
6,63
|
|
795,20
|
7.427
|
9,34
|
Cultura
A comarca é coñecida por estar formada por algúns dos lugares que compoñen a Ruta do tambor e o bombo. Entre o seu patrimonio artístico destacar o palacio arzobispal en Albalate del Arzobispo e o Santuario da Virxe dos Arcos. Tamén hai que destacar as pinturas rupestres do Parque Cultural do Río Martín situadas nos abrigos de Los Chaparros en Los Estrechos (Albalate del Arzobispo), o xacemento de Cabezo de Alcalá preto de Azaila, os restos da vila romana da Loma del Regadío (Urrea de Gaén), as ruínas do Castelo-Palacio dos Duques de Híjar e a Igrexa de Santa María a Maior en Híjar.
Véxase tamén
Ligazóns externas