O Alto Gállego (en aragonés: Alto Galligo) é unha comarca situada ao norte de Aragón e que ocupa a práctica totalidade do curso alto do río Gállego. A súa capital administrativa é Sabiñánigo.
Historicamente formaba parte da Jacetania, sendo o núcleo orixinal do antigo condado de Aragón. Os territorios históricos que a integran son o val de Tena, a terra de Biescas e o Serrablo.
Xunto co castelán que é a lingua oficial e máis empregada, a lingua propia do Alto Gállego é o aragonés, falándose a súa variedade de aragonés central. Destacan entre os escritores en aragonés no Alto Gállego Ricardo Mur Saura, Óscar Latas Alegre ou Máximo Palacio.