BA CityFlyer é unha aeroliña subsidiaria de British Airways. Ten a súa sede en Didsbury, Manchester. Opera unha rede de servizos domésticos e europeos dende a súa base principal no aeroporto da Cidade de Londres. No ano 2016 BA Cityflyer tamén comezou a operar dende o aeroporto de Londres-Stansted. En 2017 BA Cityflyer iniciou servizos dende Manchester, Birmingham e Bristol, regresando así British Airways a estas rexións despois de 10 anos de ausencia. Todos os seus servizos operan coas cores, nome e números de voo da súa aeroliña nai.
BA Cityflyer Limited ten unha licenza de operación tipo A da Autoridade Civil de Aviación británica, o que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[1]
Frota
En decembro de 2020 a frota de BA CityFlyer estaba formada polos seguintes avións:[2]
Frota de BA CityFlyer
Avión
|
En servizo
|
Pedidos
|
Pasaxeiros
|
Notas
|
Embraer 170
|
2
|
–
|
76
|
|
Embraer 190
|
22
|
2
|
98
|
|
Total
|
24
|
2
|
|
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
|
---|
Membros fundadores | | |
---|
Membros | |
---|
Membros afiliados | |
---|
Membros inactivos | |
---|
Antigos membros | |
---|