De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.
Labor periodístico
Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),[2] El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana[5] o El País.[4] A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo Mundo[6], El Nacional e outros periódicos.[5]
Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.
Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.
Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia o Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén, afastado de Galicia, transcorreron os derradeiros anos da súa vida.
Obra
Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.
Fernández del Riego, Fernando (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0. (2ª ed.). Ediciós do Castro. ISBN84-7492-465-0.
Ossorio y Bernard, Manuel (1903). «Pereira (Aureliano J.». Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.