Atlantic Rhapsody - 52 myndir úr Tórshavn (que pode traducirse dende o feroés como "Rasodia Atlántica - 52 imaxes dende Tórshavn") é un filme documental dinamarqués de 1989 dirixido por Katrin Ottarsdóttir. É a primeira longametraxe feroesa. O filme presenta un día na vida dalgúns habitantes de Tórshavn, a capital das Illas Feroe. A narrativa está estruturada como unha carreira de remudas, na que unha persoa, unha cousa ou algo fóra dunha escena leva á audiencia a outra escena con novas persoas e eventos.