Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Asociación de Fútbol do Guayas

Asociación de Fútbol del Guayas
AFG
AsoGuayas
Fundación20 de novembro de 1950
PresidenteSelim Doumet Herzog
SedeHurtado 405 y José Mascote,
Guayaquil
Sitio webhttp://www.asoguayas.com/

A Asociación de Fútbol do Guayas, AFG, (en español, Asociación de Fútbol del Guayas), tamén coñecida polo acrónimo AsoGuayas, é unha asociación deportiva de fútbol provincial, a máis antiga creada no Ecuador. Actualmente forma parte da Federación Deportiva do Guayas como subdivisión, e está afiliada á Federación Ecuatoriana de Fútbol.

A AFG é a encargada de representar aos clubs guayasenses afilados, así como de organizar torneos provinciais profesionais de segunda categoría, sendo o seu ámbito de actuación a provincia do Guayas.

Historia

Inicios do fútbol no Guayas

A práctica do deporte era moi limitada en Guayaquil até finais do século XIX e, particularmente o fútbol era practicamente descoñecido en todo o Ecuador. O guayaquileño Juan Alfredo Wright, e o seu irmán Roberto Wright, que residían en Inglaterra e que máis tarde formaron parte do club peruano Unión Cricket de Lima, volveron a Guayaquil a mediados de 1899, o que motivou a varios mozos afeccionados á práctica do fútbol no país.[1] O 23 de abril de 1899 fundouse oficialmente o Guayaquil Sport Club, que foi o primeiro club de fútbol de Ecuador.[2]

Fundación da Asociación

A AFG foi fundada o 20 de novembro de 1950 por dirixentes de varios clubs guayaquileños co obxectivo de organizar o primeiro torneo profesional de fútbol no país, denominado Campionato de Guayaquil, deixando de lado o amateurismo. Tras a creación dun Campionato nacional en 1957, e a posterior creación da Asociación Ecuatoriana de Fútbol, a AsoGuayas pasou a ser o ente reitor e organizador de torneos de segunda categoría a nivel provincial.

Despois da súa fundación, no ano seguinte empezaron a rexistrarse os primeiros encontros entre grupos de afeccionados. Nos anos posteriores comezaron a formarse outros clubs na cidade, como o Club Sport Ecuador e a Asociación de Empleados de Guayaquil en 1902; e o Libertador Bolívar, o Club Unión e o Club Gimnástico en 1903.[2] Os campionatos afeccionados non oficiais ían en aumento e, no ano 1908, entre os máis relevantes que se xogaron estaban a "Copa Chile" e a "Copa Municipal".

Amateurismo

Despois de varios anos nos que os equipos de fútbol xogaban campionatos organizados por diversas institucións, en 1922, a Federación Deportiva do Guayas creou o primeiro torneo oficial de fútbol de maneira afeccionado. Na primeira edición do torneo competiron 14 equipos e o campión foi o Racing Club.

Este torneo disputouse ininterrompidamente durante 28 anos, sendo o General Córdova o club con maior cantidade de títulos ganados (catro edicións). A última edición deste torneo afeccionado disputouse en 1950, sendo o último campión o Barcelona Sporting Club.

Finalmente, varios clubs tiveron diferenzas coa Federación Deportiva do Guayas e o malestar supuxo a finalización da era do amateurismo no fútbol na provincia do Guayas.

Notas

  1. Ecuafútbol. "HISTORIA DE LA FEDERACIÓN ECUATORIANA DE FÚTBOL". Federación Ecuatoriana de Fútbol. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 22 de aagosto de 201800. 
  2. 2,0 2,1 Ávila Villagómez, Esteban (15 de xullo de 2011). "Ecuador - Foundation Dates of Clubs". Rec. Sport. Soccer Statistics Foundation. Consultado o 22 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Sitios web

Canles oficiais da Asociación de Fútbol do Guayas en diferentes portais

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya