Asier Polo, nado en Bilbao, é un violonchelista español. Ten realizado gravacións en selos como RTVE, Marco Polo, Claves e Naxos.
Estudou con E. Pascu, M. Kliegel e I. Moniguetti, e na Escola Superior de Música Raíña Sofía (entroutros centros). Ao pouco tempo de comezar os seus estudos gañou o primeiro premio de violonchelo, así como de música de cámara na versión española dos concursos de Xuventudes Musicais (1987 e 1989).
En España tocou coa meirande parte das orquestras, incluíndo unha xira suramericana coa ONE baixo a dirección de Frühbeck de Burgos. Así mesmo, tocou con outras orquestras internacionais como a Orquestra Nacional de Bordeos e a Orquestra da Ópera de Niza, entroutras moitas. Tamén se ten presentado en festivais nacionais e internacionais.
Tocou con algúns dos máis importantes artistas da súa época como Alfredo Kraus, o Cuarteto Janacek, ou Gérard Caussé. Con Alfredo Kraus colaborou como solista durante os últimos anos da súa vida.
Compañeiro habitual da pianista de Legazpi Marta Zabaleta.
Imparte clase no Centro Superior de Música del País Vasco-Musikene e toca un violonchelo Francesco Rugieri (Cremona 1689).
Premios
- “Ollo Crítico” de Radio Nacional (2002)
- Premio Fundación C.E.O.E. á interpretación Musical (2004)
Ligazóns externas
- Máis información, entrevista, e son sobre Asier Polo