Arthur é unha serie de televisión estadounidense-canadense de xénero educativa e infantil creada por Cookie Jar Group (antigamente coñecida como Cinar) e WGBH para PBS. A historia está ambientada na cidade ficticia de Elwood City, e xira arredor da vida dun neno de 8 anos, Arthur Read, un porco formigueiro antropomórfico,[3] os seus amigos e a súa familia.