A arte prerrománica é a que se desenvolveu en Europa Occidental entre a época carolinxia ata a aparición da arte románica. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico romano e a arte románica.
Historia
Carlomagno conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara a unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de Deus e unha viraxe cara a arte clásica a través da arte paleocristiá e a arte bizantina. O programa cultural carolinxio contou coa contribución fundamental da orde bieita que creou grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sala capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.
Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte merovinxia, con preferencia polo arco de medio punto sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e a cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a bóveda de canón.