Arte helenística

A Vitoria alada de Samotracia (Museo do Louvre)

A arte helenística é a arte que se desenvolveu no período helenístico datado desde 323 a.C e 146 a.C. As máis célebres da escultura grega pertencen a este período, "Laoconte e os seus fillos", Venus de Milo, e a Vitoria alada de Samotracia. O artigo escultura helenística está dedicado a este período.

Historia e características

O termo "helenística" é unha invención moderna, pois o mundo helénico, non só incluía unha vasta área que abrangue a totalidade do mar Exeo, moito maior que a Grecia clásica centrada nas polis de Atenas e Esparta, abrangue tamén un intervalo de tempo moi amplo. En termos artísticos, iso significa que hai unha variedade enorme que moitas veces recibe a etiqueta de "Arte helenística" por pura conveniencia.

Durante un tempo, houbo unha tendencia que presentaba á arte helenística como un estilo decadente fronte a arte desenvolvida na idade de ouro da Atenas clásica. Plinio o Vello, despois de ter descrito a escultura do período clásico, di: Cessavit ars deinde ("desde entón a arte desapareceu"). Os termos "Barroco" e "Rococó" nacidos no século XVIII teñen sido aplicados á arte deste período complexo e pouco común. Con todo, a renovación da visión historiográfica, así como algunhas descubertas recentes, como os túmulos de Verxina, axudaron a unha mellor visión e apreciación da riqueza artística deste período.

Arquitectura

Altar de Pérgamo, Museo de Pérgamo, Staatliche Museen Berlín

Unha das características que propiciaron o período Helenístico foi a división do imperio de Alexandre Magno en pequenos imperios dinásticos fundados polo diádocos: os Tolomeos en Exipto, os seléucidas na Mesopotamia e Siria, o Atala en Pérgamo etc.Cada unha destas dinastías practicou un goberno autónoma que difería do común nas cidades-estados (polis). No campo da arquitectura, isto deu lugar a grandes e complexos plans urbanísticos de grandes dimensións, desaparecendo case o concepto de cidade-estado propio do século V a.C. Esta planificación das cidades resultou bastante innovadora para o mundo grego, que en vez de manipular o espazo, empeza a resolver os seus problemas mediante plans construtivos adecuados ao ambiente natural. Obsérvase neste período histórico, a aparición de moitos lugares de diversión e lecer, especialmente de teatros e parques. As monarquías helenísticas puideron favorecer isto debido aos vastos espazos onde podían construír grandes cidades: como Antioquía, Pérgamo e Seléucida no Tigris.

Pérgamo, en particular, é un exemplo típico da arquitectura helénica. Desde unha sinxela fortaleza situada na acrópole, varios reis atálidas erixiron un colosal complexo arquitectónico. Os edificios despréganse en abanico ao redor da Acrópole tendo en conta a natureza do terreo. A ágora, situada ao sur, sobre a terraza inferior, está bordeada con galerías de columnas ou stoai. É o punto de partida dunha rúa que atravesa toda a Acrópole: separando, por unha banda, os edificios administrativos, políticos e militares, ao leste e no cume da pena; polo outro lado, os santuarios, ao oeste a media altura. Entre estes últimos, o máis importante é o que acolle o grande altar monumental, chamado dos «doce deuses» ou «dos deuses e xigantes», que constitúe unha das obras mestras da escultura grega. Un xigantesco teatro, que podía chegar a conter case 10000 espectadores, tiña as súas bancadas nas ladeiras deste outeiro.

É a época do xigantismo: por exemplo, o segundo templo de Apolo en Dídima, situado a un vinte quilómetros de Mileto, en Xonia. Foi concibido a finais do século IV antes de Cristo por Daphnis de Mileto e Paionios de Éfeso, pero os traballos, nunca acabados, continuarán até o século II. O santuario é un dos máis grandes xamais construído na zona mediterránea: no interior dun gran patio, a cela está rodeada por unha dobre columnata de 108 columnas xónicas de case 20 metros de altura, cuxas bases e capiteis están ricamente tallados.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!