A arquidiocese de Suva (en latín: Archidioecesis Suvana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 101.050 bautizados sobre unha poboación total de 1 297 683 habitantes. Peter Loy Chong é o actual arcebispo.
Territorio
A arquidiocese abrangue todo o arquipélago das Fidxi. A sé arcebispal é a cidade de Suva, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.
O territorio está organizado en 35 parroquias.
Provincia eclesiástica
Historia
O arquipélado das illas Fidxi foi evanxelizado polos padres maristas, que comezaron a chegar ás illas en 1844, cando os misioneiros británicos metodistas wesleyanos xa estaban fortemente estabelecidos.[1]
O 27 de marzo de 1863 foi erixida a prefectura apostólica das Illas Fidxi,[1] en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central.
O 10 de maio de 1887 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostólica.[1]
O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana e tomou a súa denominación actual.[2]
Episcopoloxio
O único prefecto apostólico das illas foi:
Os vigairos apostólicos foron os seguintes:
Dende a súa elevación, os seus arcebispos teñen sido os seguintes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Arquidioceses: | |
---|
Dioceses: | |
---|
Prefecturas apostólicas: | |
---|
Misións sui iuris: | |
---|