Peter Loy Chong, nado en Natovi (Fidxi) o 30 de xaneiro de 1961, é un eclesiástico católico latino, arcebispo metropolitano de Suva dende 2012.
Biografía
Peter Loy Chong naceu en Natovi, un porto da provincia de Teilevu, nas Fidxi. Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Suva polo arcebispo Petero Mataca, o 11 de xaneiro de 1992. O 19 de decembro de 2012 foi nomeado arcebispo metropolitano de Suva polo papa Bieito XVI. Recibiu a consagración episcopal de mans do seu predecesor Petero Mataca, o 8 de xuño de 2013, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Tonga Soane Patita Paini Mafi e ao arcebispo de Wellington John Atcherley Dew.
Notas
Ligazóns externas