A Arquidiocese de Barcelona é unha arquidiocese católica latina en Cataluña, e sé metropolitana da provincia eclesiástica de Barcelona, que inclúe tamén ás dioceses sufragáneas de Sant Feliu de Llobregat e Terrassa.
A arquidiocese comprende a parte nororiental da provincia de Barcelona, unha das catro provincia da comunidade autónoma de Cataluña. Ocupa unha franxa costeira de 340 km².
A súa sé é a cidade de Barcelona, onde se atopa a catedral da Santa Cruz e de Santa Eulalia. O seu territorio está subdividido en 212 parroquias.
Durante a Reconquista, o bispo Olegario foi designado para a sé arquiepiscopal de Tarragona, da que tomou posesión en 1017, mantendo amais o título de Bispo de Barcelona. Barcelona pasou a ser sufragánea de Tarragona de novo, e así continuou nos seguintes séculos. A miúdo os seus bispos bispos acostumaron a vivir nas cortes pontificais ou reais no canto da cidade, até que o bispo Jaume Caçador introduciu unha serie de reformas seguindo ao Concilio de Trento, a mediados do século XVI. Coa excepción dun período dunsa anos de sé vacante entre 1808 e 1814, coa guerra da Independencia española, a diocese medrou en poder e riqueza.
O 25 de marzo de 1964 Paulo VI elevou a Diocese de Barcelona ao rango de arquidiocese. Porén, non adquiriu o rango de arquidiocese metropolitana até 2004, cando Xoán Paulo II dividiu o seu territorio entre a Arquidiocese de Barcelona e dúas novas dioceses sufragáneas, as dioceses de Sant Feliu de Llobregat e Terrassa.