O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.
A decisión foi tomada do día 16 de xaneiro de 2012 pola Fundación Wikimedia, que anunciou unha protesta contra a Stop Online Piracy Act (SOPA) e PROTECT IP Act (PIPA).[1]
A páxina tamén tivo o apoio doutras fundacións en Internet.[2][3][4]
Outras versións da Wikipedia, incluso doutros proxectos de Wikimedia, entre eles Wikimedia Commons, tamén se adheriron á protesta, coa colocación dun cartel de fondo negro.
O presidente da Motion Picture Association of America acusou de "abuso de poder" a todos os sitios que participaron no apagamento.[Cómpre referencia]
Ao día seguinte do apagamento, o sitio web Zscaler analizou o tráfico do día e informou de que a pesar de que as páxinas non estaban dispoñibles o sitio web rexistrou un número considerable de accesos. A hipótese é que as persoas tentaron acceder á Wikipedia por curiosidade, debido á gran difusión da campaña.[Cómpre referencia]