Anxo López Baranga, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1956, é un pintor, actor e director de teatro galego. Vive en Barcelona desde 1979.
Traxectoria
Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona). Foi autor das ilustracións de dous libros de J.A.M.[1] e ten colaborado en publicacións de Galicia como A Nosa Terra, Escrita, Alborada, ou Treboada. Participou na creación dos fanzinesMicrobius (1979), Kanalla (1993) e Catalizador (2009).
Como pintor, con estudo no barrio barcelonés do Raval, simultanea a creación dunha obra persoal co activismo social desde a cultura, como se demostra no seu interese por activar unha arte popular e baseada na conciencia da diferenzas étnicas e lingüísticas no programa Catalizador (2009), que se desenvolveu desde a galería La Xina A.R.T., do fonsagradino Benxamín Álvarez,[3] e coas actividades para a recuperación da obra de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) en Córgomo como as Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009), murais nas casas da parroquia e a defensa da candidatura de Delgado Gurriarán para dedicarlle o Día das Letras Galegas.[4][5]
Organizou obradoiros de banda deseñada, debuxo e pintura en diferentes escolas de primaria e secundaria en colaboración co Proxecto Galauda. En 2017, xunto co artista Jaume Muelas, crea o espazo artístico ArtefactoRoig.
Participou de maneira activa en numerosas accións e agrupacións a prol dunha cultura galega crítica desenvolvida en Cataluña, como a Plataforma Nunca máis de Cataluña,[6] Asemblea Cultural Galega en Barcelona (ACGB).[7]
Obra
Exposicións
1996 Cidade, Galería Manifiesto, Barcelona.
1996 No país da auga, Fundación Sotelo Blanco, Compostela.
2003 Baranga, Casa Grande de Viloira, O Barco de Valdeorras.
2003 No país de Nunca máis, Amics de les Arts i Joventuts Musicals, Terrassa.
2007 Eu tamén navegar, La Xina A.R.T., Barcelona.[8]