Antonio Montero Fernández, nado no Uruguai en 1965, é un político galego do PPdeG.
É empregado de banca, está solteiro e non ten fillos.[1] Concelleiro en Avión polo PPdeG, foi o substituto de Francisco Gil Zamora logo do falecemento deste o 29 de maio de 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] Dende xaneiro do 2010 é tamén vicesecretario do PP en Ourense, posto para o que foi nomeado polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e novo presidente provincial, Xosé Manuel Baltar Blanco.[3] Ademais forma parte do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).[4] Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, que revalidou en 2015, 2019[5] e 2023.[6]