Antonio García-Trevijano

Modelo:BiografíaAntonio García-Trevijano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Alhama de Granada, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, crítico de arte, filósofo, xurista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata

Twitter: gtrevijano BNE: XX1092406 Dialnet: 171114 Editar o valor en Wikidata


Antonio García-Trevijano Forte, nado en Alhama de Granada (Granada) o 18 de xullo de 1927 e finado en Madrid o 28 de febreiro de 2018,[1][2] foi un xurista, notario, avogado, político, crítico de arte e pensador republicano español, destacado polo seu activismo contra a ditadura franquista. Foi definido pola University Press of America como «unha figura destacada da política española dende finais dos anos sesenta e probablemente un dos intelectuais máis importantes do século XX en teoría política e estética».[3]

Traxectoria

Pola súa actividade opositora contra a ditadura franquista, sufriu diversos procesamentos, encarceramentos e multas. Pola súa intervención na Conferencia Constitucional de Guinea Ecuatorial, foi procesado por alta traizón no Tribunal de Orde Pública. Tamén sufriu cinco retiradas de pasaporte, dúas importantes multas administrativas, tres detencións policiais, unha grave agresión por parte de elementos ultradereitistas enmascarados que irromperon no despacho do avogado madrileño José Manuel Muñoz Salvadores cando celebraba unha rolda de prensa xunto con outros seis avogados e o correspondente en Madrid do diario venezolano El Nacional (García-Trevijano sufriu a rotura de dúas costelas e a omoplata)[4][5][6] un novo procesamento ante o Tribunal de Orde Pública por un delito contra a forma de Estado (caso instruído polo xuíz Gómez Chaparro) e o encarceramento durante setenta e seis días no cárcere de Carabanchel pola súa acción política.[7][8] En 1974 impulsou a creación da Junta Democrática de España, da que foi coordinador executivo e redactor do seu manifesto.[9][10] Así mesmo, tivo un papel importante na fusión desta organización coa Plataforma de Convergencia Democrática, dando lugar á denominada Platajunta, que uniu nun só fronte a todas as forzas políticas de oposición ao réxime de Franco.[11] Ao impoñerse na transición española a opción da reforma da ditadura fronte á de ruptura democrática que defendía, abandonou a política activa.

Foi presidente da asociación Movimiento de Ciudadanos hacia la República Constitucional (MCRC), sendo frecuente activista político, opoñéndose ao sistema de partidos existente en España —ao que denominou «oligarquía de partidos estatais», «Estado de partidos» ou «partidocracia»—, á Constitución de 1978, como norma fundadora, e á monarquía de Filipe VI, como símbolo de unidade, do mesmo xeito que se opuxo á do seu pai Juan Carlos I, por non aceptar que este fora designado como xefe do Estado polo ditador Francisco Franco.[12]

García-Trevijano defendeu o establecemento en España dunha república constitucional, baseada na separación dos poderes do Estado –separación que debe ser en orixe entre o poder executivo e o poder lexislativo, mediante eleccións separadas–, na representación política dos gobernados e na independencia do poder xudicial, como forma de Estado capaz de garantir a democracia representativa.[13]

Publicou numerosos artigos nos principais periódicos españois e foi autor de varios libros sobre filosofía política, entre os que destaca a súa obra Teoría Pura de la República.

Notas

  1. "Don Antonio García Trevijano". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. Muere el jurista Antonio García-Trevijano a los 90 años
  3. Contraportada de la obra: García-Trevijano, A. A Pure Theory of Democracy. Millburn, NJ: University Press of America, 2009. Las palabras textuales de la UPA, son: "A prominent figure of Spanish politics since the late sixties, and is arguably one of the most important intellectual figures of 20th century both in political and aesthetical theory".
  4. "Brutal atentado contra un grupo de profesionales". Informaciones, 7 de noviembre de 1975.
  5. "Madrid Lawyers beaten up". The Times, 7 de noviembre de 1975, p. 4.
  6. "Apaleamiento de abogados" Arquivado 10/03/2016, en Wayback Machine., La voz de Galicia, 6 de noviembre de 2000.
  7. ""El discriminado de los discriminados". Triunfo, 19 de junio de 1976, p. 13.". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  8. "Hoy serán puestos en libertad Camacho, Aguado y Alvarez Dorronsoro. Queda en prisión García-Trevijano" El País, 25 de mayo de 1976.
  9. Papell, Antonio. El futuro de la socialdemocracia: ideas para una nueva izquierda. Madrid: Foca, 2012, p. 51.
  10. Vidal Beneyto, José. Memoria democrática. Madrid: Akal, 2007, pp. 105-106.
  11. Navarro Estevan, Joaquín. 25 años sin Constitución. Madrid: Foca, 2003, p. 72
  12. "Yo no he cedido nunca en denunciar la falsedad del régimen actual, la falsedad de la Monarquía, yo no he aceptado jamás que tengamos un Rey designado por Franco (...) No acato la Monarquía, no acato este Rey, no acato la Constitución; digo lo que siento y si quieren meterme en los tribunales que me metan, me da igual" 'Retransmisión' de una causa secreta. Tres de los imputados en el 'caso Liaño' hablan en la COPE sobre lo que declaran en el Supremo, El País, 3 de octubre de 1997.
  13. García-Trevijano Forte, Antonio. Teoría pura de la república. Madrid: El Buey Mudo, 2010, p. 637.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!