Antonio Benito Fandiño Martínez, nado na parroquia de Santa María do Camiño (Santiago de Compostela) o 22 de xullo de 1779 e finado cara a 1834[1], foi un destacado liberal e escritor en lingua galega.
Traxectoria
Nado no seo dunha familia afidalgada procedente de Albixoi (Mesía). Levou unha vida axitada e turbulenta, debido á súa ideoloxía política. Debido ao seu desacordo coas autoridades civís e eclesiásticas, Fandiño comezou a colaborar con medios de difusión liberal, o cal lle custou varias estadías na cadea.
Durante a primeira delas (1810-1814) escribiu A casamenteira (1812),[2] a primeira obra teatral do século XIX conservada. A partir de 1820, dirixiu El Heráclito Español y Demócrito Gallego. Colaborou tamén en Gazeta Marcial y Política de Santiago e Diario Cívico-Patriótico. Fandiño foi moi perseguido a partir do cambio político de 1823, máis tarde foi condenado a traballos forzados no canal de Castela. Cumpriu presidio en Valladolid.
En 1849, celebrouse unha homenaxe na súa honra en Ourense, con motivo do cal se publicou A Casamenteira.
Segundo Ricardo Carballo Calero, Fandiño é tamén autor do Villancico que en la nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago (en castelán), unha Alborada, unha Moiñeyra e mais un Alalá (en galego).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Fandiño Martínez, Antonio Bieito". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Fandiño Martínez, Antonio Bieito". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fandiño, Antonio Benito; Xosé R. Barreiro, Laura Tato e Carmen Blanco (intro.) (2000). A casamenteira. Ourense: Linteo. ISBN 84-930058-6-X.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilanova, Alberto; et al. (2005). "Fandiño Martínez, Antonio Benito". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas