Antonia López González, nada en Guareña, Badaxoz en 1967 é unha médica e investigadora de enfermidades tropicais, especialmente da enfermidade Jorge Lobo ou lobomicosis. É tamén unha cooperante, responsable e fundadora da ONG Comité Ipiranga de atención primaria a pacientes e investigación de enfermidades tropicais na rexión do Amazonas no Brasil. O equipo de profesionais sanitarios e da medicina desta ONG atende as persoas enfermas dentro dun barco-hospital que se despraza polo río Purus no Amazonas para poder deste xeito acceder ós poboados.[1] Esta investigadora recibiu a Medalla de Estremadura en 2002.[2]
Traxectoria
Antónia López González é médica especialista en Medicina tropical e técnica especialista en programas de saúde para a cooperación ao desenvolvemento. Ten formación en toxicomanías, drogodependencias e SIDA e é especialista en Hansenioloxía polo Instituto de Dermatoloxía tropical e veneraloxía "Alfredo da Mata" do Estado do Amazonas, onde foi tamén médica visitante.[3]
Fundou e dirixiu o Programa de cooperación Iparanga, que máis tarde deu lugar a Asociación Comité Iparanga. En Togo creou e dirixiu o programa de cooperación para a saúde HULME. Foi tamén coordinadora do programa de Dermatoloxía sanitaria do Instituto de Dermatoloxía tropical Alfredo da Mata nos municipios da rexión amazónica de Lábreal, Canutama, Tapauá e Boca do Acre. Tamén participou nos traballos sobre a orientación sexual e drogradicción realizados pola Universidade do oeste do Estado do Paraná.[3]
Antonia López foi directora da revista Leucemia da Facultade de Medicina da Universidade de Estremadura (1987-1990) e relatora en numerosos seminarios e congresos internacionais sobre enfermidades tropicais.[4]
A súa dedicación á labor humanitaria, o seu compromiso social, a súa visión científica e a súa investigación levárona a publicar un libro sobre as enfermidades dermatolóxicas tropicais esquecidas de carácter endémico na rexión amazónica.[5] Este libro foi dixitalizado pola biblioteca municipal de Guareña, a biblioteca Eugenio Frutos Cortés en 2008[6][7] e esta servindo como guía os e ás axentes de saúde da rexión, sendo actualmente unha referencia internacional.[2]
É unha conferenciante habitual en congresos, seminarios e xuntanzas sobre as enfermidades tropicais en foros nacionais e internacionais. Foi presidenta da candidatura ao Parlamento Europeo da Agrupación de estudantes de Medicina do estado español en 1987.
Premios e recoñecementos
Ademais da Medalla de Estremadura en 2002,[3] recibiu outros recoñecementos honoríficos como o Premio Cooperação e solidariedade de AFA-Prelazia-Brasil en 2002, o Premio de cooperación internacional Dereitos Humanos de Extremadura no ano 2007, o Premio de cooperación Enclave-92 USINA COSMOPOLIS-Brasil, o Premio Culturas 2001 do Comité Estremeño contra o racismo, a xenofobia e a intolerancia ou a Medalla de ouro do Colexio de médicos de Badaxoz, 2014.[4][8]
En 2010 recibiu o título de Cidadá Honoraria da localidade brasileira de Foz de Iguaçú polo seu labor de cooperación.[9] En decembro de 2018 foi recoñecida como filla predilecta da súa localidade natal.[10]
Notas
- ↑ "Asociación Comité Ipiranga". fundacionio.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Guerra, José Luis (11 de novembro de 2012). "Antonia López González, médico y responsable de la oenegé Comité Ipiranga:"'Amo profundamente a Extremadura; la añoro todos los días; pero seguiré en el Amazonas"" [Antonia López González, médico e responsable da ONG Comité Ipiranga: "Amo profundamente Estremadura; teño morriña todos os días; pero seguirei no Amazonas."]. La Crónica de Badajoz (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Junta de Extremadura (30 de xullo de 2002). "DECRETO 98/2002, de 23 de julio, de concesión de la medalla de Extremadura a Dª Antonia López González.". Diario Oficial de Extremadura (88): 9941.
- ↑ 4,0 4,1 "Antonia López González". Biblioteca pública de Guareña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Antonia., López González, (2008). Atlas : dermatopatología tropical : región amazónica brasileña. Asociación Comité Ipiranga. OCLC 936546578.
- ↑ "La Biblioteca digitaliza el Atlas Dermatopatología tropical de Antonia López". radio Guareña (en castelán). 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Cortés, Lali (22 de xaneiro de 2018). "Biblioteca Eugenio Frutos: Atlas de Dermatología Tropical. Antonia López González.". Biblioteca Eugenio Frutos. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ "La extremeña que quiere salud para todos". Hoy (en castelán). 29 de setembro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ "La doctora extremeña Antonia López González recibirá el título de Ciudadana Honoraria de Foz do Iguaçu (Brasil)". 20minutos.es (en castelán). 26 de agosto de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ "Antonia López González recoge su reconocimiento como Hija Predilecta de Guareña". Radio Guareña. 27 de decembro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas