Anne Marie Morris, nada en Evanston (Illinois) o 30 de maio de 1916 e finada en Gresham (Oregón) o 3 de outubro de 1999, foi unha escritora estadounidense.[1]
Traxectoria
En 1950 comezou os estudos superiores na Universidade de California, que non puidera iniciar antes polo traballo e o coidado dos fillos. Estudou linguas románicas, entre elas o portugués e o francés, e ensinou italiano e castelán no Shorter College de Rome (Xeorxia).
Cara a 1955 descubriu a lingua galega lendo na obra Aromas de leyenda de Ramón María del Valle-Inclán os versos populares "Como chove miudiño...". Despois leu a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, e coñeceu o profesor exiliado Xosé Rubia Barcia, da Universidade de California. En 1964 publicou Voz fuxitiva na colección Salnés de Editorial Galaxia, con limiar de Ernesto Guerra da Cal.[2] En 1993 participou no congreso Poetas alófonos en lingua galega, organizado por Xesús Alonso Montero.[3]
Notas