Angra dos Reis é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada na costa sur do estado. O seu litoral ten 365 illas, sendo a máis importante a Ilha Grande (Illa Grande). Ten unha área de 816,3 km2 (3,6 veces o tamaño de Santiago de Compostela) e unha poboación de 136.525 habitantes (40% máis poboada).
As dúas centrais atómicas brasileiras están instaladas no municipio. É tamén un porto pesqueiro e ten algunhas industrias. Mais a actividade económica que a fai coñecida no Brasil é o turismo nas súas illas e praias, nas áreas de Mata Atlántica preservadas no continente e na Ilha Grande e o mergullo nas súas augas.