Ana Pardo de Vera Posada , nada en Lugo en 1974 é unha xornalista galega . Dende 2016 até 2019 dirixiu o diario dixital Público .[ 1]
Traxectoria
É filla do avogado Gerardo Pardo de Vera , quen foi o primeiro alcalde de Becerreá , polo Partido Popular , a partir do período democrático en 1979[ 2] e irmá máis vella de Isabel Pardo de Vera , quen en 2018 se converteu en presidenta de Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif).
É licenciada en Filoloxía hispánica , ten un máster en Medios de Comunicación e estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED .[ 3] Escribiu en varios medios de comunicación como Diario 16 , La Voz de Galicia , Tempo ou El Siglo de Europa e colaborou con diversas radios e televisións. En 2007 participou na fundación do xornla Público que dirixiu entre 2016[ 1] e 2019, cando foi substituída por Virginia Pérez Alonso .[ 4]
Durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero foi asesora de Comunicación nos Ministerios de Defensa , Industria, Turismo e Comercio e Vicepresidencia de Política Territorial.[ 5]
Obras
Presentado No quieren que lo sepas co autor Jesús Cintora en Bueu , organizado pola Libraría Miranda En la maleta de Zapatero (2013).[ 6]
Notas
↑ 1,0 1,1 "Ana Pardo de Vera, nueva directora de Público " , artigo en Público , 1 de setembro de 2016 (en castelán ) .
↑ Martínez, Juan Carlos (2018-07-03). "El vertiginoso ascenso de las ‘aristócratas’ Pardo de Vera con el PSOE" . Crónica Global (en castelán ) .
↑ "La lucense Ana Pardo de Vera, nueva directora de Público" , artigo en El Progreso , 1 de setembro de 2016 (en castelán ) .
↑ Redacción (20 de decembro de 2019). "Virginia Pérez Alonso, presidenta de la PDLI, nombrada directora de ‘Público’" . libertadinformacion.cc (en castelán ) . Consultado o 14 de xaneiro de 2021 .
↑ Ana Pardo de Vera: "La regulación de la prensa está por hacer" , artigo en Público , 20 de novembro de 2016 (en castelán ) .
↑ Pardo de Vera Posada, Ana (2013). En la maleta de Zapatero (en español) . Libros.com. ISBN 978-84-616-4411-7 .
Véxase tamén