Amy Macdonald, nada o 25 de agosto de 1987 en Bishopbriggs, East Dunbartonshire, é unha cantautora escocesa. Macdonald deuse a coñecer no ano 2007 co seu álbum de debut This Is the Life, e o seu cuarto sinxelo, "This Is the Life". O sinxelo chegou á primeira posición das listas en seis países diferentes, e entrou nos primeiros dez postos noutros once países.
Os seus tres álbums son This is the life (2007), A curious thing (2010) e Life in a beautiful light (2012). Os seus xéneros son o rock folk, o indie e o country. A súa tesitura é unha voz de contralto. Tocou en festivais de música como Glastonbury, Hyde Park, T in the Park e no V Festival.