Amy Johnson, nada o 1 de xullo de 1903 e finada o 5 de xaneiro de 1941, foi unha pioneira aviadora británica e a primeira piloto en voar soa dende Gran Bretaña até Australia. Voando soa ou co seu marido, Jim Mollison, conseguiu varios récords de distancia durante a década de 1930, demostrando a súa habilidade en voos a Moscova, Toquio, Cidade do Cabo ou os Estados Unidos.[1] Voou na segunda guerra mundial como parte do Air Transport Auxiliary e morreu durante un voo ó transbordador.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Aitken, Kenneth. "Amy Johnson (The Speed Seekers)." Aeroplane Monthly, Vol. 19, no. 7, Issue no. 219, xullo de 1991.
- Dunmore, Spencer. "Undaunted: Long-Distance Flyers in the Golden Age of Aviation" Toronto: McClelland & Stewart, 2004.