Santiago de Amoexa é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), 23 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Toponimia
O topónimo Amoexa, tamén pronunciado Amonxa, é un hidrónimo con base na raíz indoeuropea *am-.[2]
Xeografía
Situada ao sur do concello. Ten medianas explotacións leiteiras e como importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo de castiñeiros novos.
Patrimonio
A igrexa de Santiago de Amoexa data de finais do século XII.[3] Ten unha nave rectangular e ábsida semicircular. Presenta canzorros laterais con motivos xeométricos. Ao carón da nave principal ten un amplo cuberto soportado por tres piares de cantería asentados nun baixo valado. Na ábsida sobresae a fiestra en arco de medio punto, con arquivolta que descansa nun par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados.
Festas
Celebra as festas patronais dedicadas á Virxe do Rosario.
Galería de imaxes
-
Fiestra absidal.
-
Ábsida.
-
Castro do Outeiro
Lugares e parroquias
Lugares de Amoexa
Parroquias de Antas de Ulla
Notas
Véxase tamén
Outros artigos