American Dream é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock LCD Soundsystem, publicado o 1 de setembro de 2017 a través dos selos DFA Records e Columbia Records. Foi anunciado o 5 de xaneiro de 2016, o día despois de que se revelase a reunión do grupo tras cinco anos disolto. ë o primeiro álbum de estudio da banda en sete anos, despois de This Is Happening (2010). O disco chegou ao número 1 da lista Top Rock Albums[1] e foi o primeiro álbum de LCD Soundsystem en chegar á cima da Billboard 200 estadounidense.[2]
Antes do seu lanzamento, LCD Soundsystem actuou en grandes festivais ademais de realizar concertos máis pequenos para promocionar a súa reunión. "Call the Police" e "American Dream" publicáronse xuntas como o sinxelo principal do álbum o día 5 de maio de 2017,[3] e "Tonite" editouse como segundo sinxelo o 16 de agosto.[4] "Oh Baby" aparecería posteriormente como sinxelo o 20 de setembro de 2018. O álbum recibiu unha ampla aclamación dos críticos musicais, apareceu en moitas listas de fin de ano e foi nomeado "Álbum do ano" por Mojo e Uncut. O álbum funcionou ben comercialmente e converteuse no primeiro álbum número un da banda nos Estados Unidos, Canadá[5] e Portugal.[6] Na 60ª edición dos premios Grammy, o álbum foi nomeado ao mellor álbum de música alternativa e "Tonite" gañou o premio Grammy á mellor gravación de dance.
American Dream está incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die do Robert Dimery.[7]
Listaxe de cancións
En edicións dixitais o título do álbum e os nomes das cancións aparecen escritos con minúsculas.
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Oh Baby" | James Murphy |
5:49 |
2. |
"Other Voices" | |
6:43 |
3. |
"I Used To" | |
5:32 |
4. |
"Change Yr Mind" | |
4:57 |
5. |
"How Do You Sleep?" | |
9:12 |
6. |
"Tonite" | |
5:47 |
7. |
"Call the Police" | |
6:58 |
8. |
"American Dream" | Murphy |
6:06 |
9. |
"Emotional Haircut" | |
5:29 |
10. |
"Black Screen" | |
12:05 |
68:38 |
Notas