America é un grupo musical de rock formado en Inglaterra en 1970 polos artistas Dewey Bunnell , Dan Peek e Gerry Beckley . O trío coñeceuse por seren fillos de militares estadounidenses das forzas aéreas asentados en Londres , onde comezaron as súas actuacións en vivo. America acadou unha gran popularidade na década de 1970, e eran coñecidos polas súas harmonías vocais e o seu son folk acústico e lixeiro.
America nunha actuación de 1972.
O grupo xurdiu pouco despois da gradución dos seus membros no instituto, e axiña asinaron co selo Warner Bros. Records . O seu primeiro álbum, 1America , produciu os seus primeiros éxitos "A Horse with No Name " e "I Need You "; Homecoming (1972) produciu o sinxelo "Ventura Highway " e Hat Trick (1973), tivo un éxito máis modesto nas listas e produciu un éxito menor, "Muskrat Love ".
Membros do grupo
Actuais membros
Gerry Beckley – líder e voz, teclado, guitarra, baixo e harmónica (1970–presente)
Dewey Bunnell – líder e voz, guitarra e percusión (1970–presente)
Antigos membros
Dan Peek – líder e voz, guitarra, baixo, teclado e harmónica (1970–1977; finado en 2011)
Actuais músicos de xiras
Richard Campbell – baixo, voz (2003–presente)
Ryland Steen - batería, percusión (2014–presente)
Bill Worrell – guitarra, banjo, teclado, coros (2014–presente)
Antigos músicos de xiras
David Dickey – baixo, coros (1972–1980)
David Atwood – batería, percusión (1972–1973)
Willie Leacox – batería, percusión (1973–2014)
Calvin "Fuzzy" Samuels – baixo (1975; substitute for Dickey)
Jim Calire – teclado, saxofón (1976–1979)
Tom Walsh – percusión (1976–1979)
Michael Woods – guitarra, teclado, coros (1977–2014)
Bryan Garofalo – baixo (1980–1981)
Bradley Palmer – baixo, coros (1981–2003)
Trent Stroh – baixo, coros (2003)
Chas Frichtell – baixo, coros (2003)
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas