Amelia Verdejo Rodríguez, nada en Bueu en 1956, é unha matemática e divulgadora científica galega.[1]
Traxectoria
Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1978. Doutorouse en Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1997.
Foi docente en institutos de BUP (1979-1992), na USC (1978-79) e na Universidade de Vigo (1992-2018). Profesora de análise matemática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, tamén é divulgadora da cuestión de igualdade das mulleres científicas.
Escribe e investiga sobre a cuestión da igualdade de xénero na docencia e na historia universal das matemáticas. Destaca o seu labor e loita para a visibilidade das mulleres no eido científico.[1]
Obras
Recoñecementos
Accésit a materiais docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo pola iniciativa Matemáticas en pé de igualdade.[6]
Notas