Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Ambosores.
Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Muras. Segundo o IGE[2] en 2019 tiña 8 habitantes (2 mulleres e 6 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación.[3]
Historia
A orixe desta parroquia remóntase a 1895 cando 24 entidades da parroquia de San Pantaleón de Cabanas segregáronse desta para formaren a parroquia eclesiástica de Ambosores que ten lugares en catro concellos (Ourol, Muras, Mañón e As Pontes de García Rodríguez) de dúas provincias (Lugo e A Coruña). Os 6 lugares que están no concello de Muras son os que forman esta parroquia civil.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Ambosores
Parroquias de Muras
Véxase tamén
Outros artigos