Amable Durán Bergueiro, nado na Estrada cara a 1908 e finado no mesmo concello o 13 de novembro de 1965, foi un político galego.
Traxectoria
Foi axente recadador de contribucións no concello de Cerdedo en 1934.[1] Falanxista. Foi nomeado alcalde de Vila de Cruces en 1952. Volveu ser alcalde en 1962 e foi nomeado conselleiro provincial do Movimiento en representación do partido xudicial de Lalín en marzo dese ano.[2] Finou na Estrada a consecuencia dun accidente doméstico o 13 de novembro de 1965 aos 57 anos.[3][4]