Alvar Peres de Castro

Modelo:BiografíaAlvar Peres de Castro
Biografía
Nacemento1310 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1384 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaConvento de São Domingos de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Condestable de Portugal
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata, militar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Castro Editar o valor en Wikidata
FillosPedro de Castro, Sabela de Castro, Alonso de Castro, Beatriz de Castro Editar o valor en Wikidata
PaisPedro Fernández de Castro Editar o valor en Wikidata  e Aldonza Lourenzo de Valadares Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Ruiz de Castro
Xoana de Castro
Inés de Castro Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Castro-1829

Alvar Peres de Castro, chamado o Vello, nado en 1310 e finado en 1384, foi un aristócrata galego, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos e da nobre portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares.

Figura importante do reino de Galiza, tamén o foi do reino de Portugal, pois foi o primeiro condestable de Portugal e ostentou os títulos de Conde de Arraiolos e de Viana e señor de Cadaval e de Ferreira. Estaba emparentado coa antiga monarquía galega, e tamén coa castelá.

Traxectoria

En 1371 recibiu de mans de Fernando I de Portugal, rei de Portugal, o título de conde de Viana. Foi nomeado en 1382, condestable de Portugal, título creado por Fernando I de Portugal. Á súa morte, o cargo de condestable de Portugal pasou a ser desempeñado por Nuno Álvares Pereira. Faleceu en 1384.

Xenealoxía

Foi fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, e da nobre portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares. Era neto por parte paterna de Fernando Rodríguez de Castro e de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. Por parte materna era neto de Lourenzo Soares de Valadares, señor de Tangil, e de Sancha Nunes Chacín. Foi medio irmán de Fernán Ruiz de Castro, señor de Lemos, e de Xoana de Castro, a Desamada, e irmán de Inés de Castro, segunda esposa de Pedro I de Portugal.

Contraeu matrimonio con María Ponce de León, filla de Pedro Ponce de León o Vello, señor de Marchena e de Bailén e tataraneto do rei Afonso IX de León coa que tivo varios fillos:

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!