Alta Austria[1][2] (en alemánOberösterreich) é un estado de Austria. A súa capital é Linz, outras cidades importantes son Wels e Steyr. Ten fronteiras con Alemaña, a República Checa e os estados austríacos de Baixa Austria, Estiria e Salzburgo. Cos seus 11.980 km² e 1.3 millóns de habitantes é o terceiro estado en poboación en Austria.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 120. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.