Alt Vinalopó (en castelán: Alto Vinalopó) é unha comarca situada no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Villena.
Xeografía
Debe o seu nome a que se atopa xeograficamente no curso alto do río Vinalopó. Limita polo norte coa provincia de Valencia, concretamente coas comarcas de Costera e Vall d'Albaida, ao leste coa comarca do Alcoià, ao sur coa do Vinalopó Mitjà e ao oeste con Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Ademais, as localidades desta comarca teñen unha relación sociocultural e económica importante coas localidades de Caudete e Almansa, pertencentes á provincia de Albacete.
Concellos
Concello
|
Poboación (20203)
|
Superficie
|
Densidade
|
Villena |
34 144 |
345,60 |
98,83
|
Sax |
10 072 |
63,50 |
155,26
|
Biar |
3607 |
98,17 |
37,23
|
Salinas |
1733 |
61,70 |
26,26
|
Beneixama |
1697 |
34,89 |
48,44
|
La Canyada |
1210 |
19,32 |
62,53
|
El Camp de Mirra |
442 |
21,80 |
19,13
|
Total |
52 905 |
644,98 |
81,56
|
Lingua
Os concellos de Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e La Canyada pertencen ao ámbito lingüístico do valenciano, mentres que os concellos de Salinas, Sax e Villena son de predominio lingüístico castelán.
Véxase tamén