Divídense en dous grupos principais; as aliaxes de fundición e as aliaxes forxadas, que á vez subdivídense segundo si se poden someter a tratamento térmico ou non. Un 85% de todo o aluminio úsase para produtos forxados, coma por exemplo chapa laminada, folla de aluminio e extrusións. As aliaxes fundidas ofrecen unha boa relación calidade-prezo polo seu baixo punto de fusión, malia que teñen menor resistencia á tracción ca os forxados. O principal sistema de aliaxes de aluminio fundidos é Al-Si, no cal os altos niveis de silicio (4,0–13%) ofrecen boas propiedades de fundición. As aliaxes de aluminio teñen un amplo uso nas estruturas de enxeñería e os compoñentes que requiren un baixo peso ou resistencia á corrosión.[1]