Alba Galocha Vallejo,[1][2] nada o 17 de xaneiro de 1990 en Santiago de Compostela,[3] é unha modelo, actriz e blogger galega.
Traxectoria
O seu pai é profesor de deseño gráfico na Universidade de Santiago de Compostela e a súa nai traballa como produtora. En 2008 trasladouse a Madrid e comezou a estudar deseño de moda no Istituto Europeo di Design.[1]
En 2010 comezou a súa carreira como modelo ao protagonizar o catálogo da marca española Malababa e en 2011 abriu o seu propio blog de moda para Vogue.es chamado Tea Time.
Aínda que é relativamente baixa (mide 1,71 m) en comparación con outras modelos, en 2012 recibiu o premio á "mellor modelo" na semana da moda de Madrid. Unha foto dela co actor Hugo Silva saíu na portada da edición de setembro da revista española Vanidad.[4] Entre 2013 e 2014 foi imaxe para marcas como Loewe e Louis Vuitton.[5] Tamén actuou en varias películas españolas.[6] Foi fotografada para as revistas Self Service e Jalouse.[7]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas