Alamo Bay, a badía do odio (en inglés: Alamo Bay) é un filme estadounidense dirixido por Louis Malle que se estreou en 1985. Conta a historia dun veterano da guerra de Vietnam que se enfronta ós inmigrantes vietnamitas que se asentan na súa vila. Está protagonizado por Amy Madigan e Ed Harris.
Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 1996 a través da TVG.[1]