O Airco DH.16 foi un avión comercial biplano de catro asentos da década de 1910, deseñado por Geoffrey de Havilland, o deseñados xefe de Airco.
Historia
O DH.16 foi un redeseño do Airco DH.9A cunha fuselaxe máis ancha, acomodando unha cabina pechada para catro pasaxeiros, ademais do piloto nunha cabina aberta. En marzo de 1919 o prototipo realizou o seu primeiro voo no aeródromo de Hendon. Fabricáronse nove avións, sendo entregados oito deles a Aircraft Transport & Travel Limited (AT&T). AT&T usou o primeiro deles para voos de pracer, e posteriormente o 25 de agosto inaugurou un servizo entre Londres e París.[1] Un avión foi vendido á River Plate Aviation Company da Arxentina, para operar entre Buenos Aires e Montevideo.[1]
AT&T operou o servizo de Londres a París, ademais dun entre o aeroporto de Croydon e Ámsterdam en nome de KLM. O 17 de maio de 1920 un DH.16 de AT&T (G-EALU) realizou o primeiro servizo de KLM entre Londres e Ámsterdam.[1] En decembro de 1920 AT&T pechou e os sete avións superviventes foron almacenados. Dous deles serían usados posteriormente para voos de entrega de xornais, e os outros cinco foron desgüazados. O 10 de xaneiro de 1923 un dos dous que seguían voando tivo un accidente mortal e os DH.16 serían retirados e desgüazados.[2]
Variantes
Os primeiros seis avións estaban equipados cun motor de pistóns en liña de 320 CV Rolls-Royce Eagle, e os tres últimos tiñan o máis potente Napier Lion de 450 CV.
Operadores
- Arxentina
- River Plate Aviation Company - un antigo avión de AT&T dende 1920.
- Países Baixos
- Reino Unido
- Aircraft Transport and Travel Limited - os nove DH.16 operados de 1919 ata 1922.
- De Havilland Aeroplane Hire Service -dous antigos avións de AT&T dende 1922 ata 1923.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Jackson 1973, p.62
- ↑ Jackson 1987, p.156
Bibliografía
- Jackson, A.J. (1973). British Civil Aircraft since 1919 2. Londres: Putnam. ISBN 978-0370100104.
- Jackson, A.J. (1987). De Havilland Aircraft since 1909 (Third ed.). Londres: Putnam. ISBN 978-0851778020.