O Airbus A400M é un avión de transporte militar de alcance longo e avión cisterna propulsado por catro motores turbohélice, deseñado pola corporación europeaAirbus Military para cubrir as necesidades de transporte aéreo dos países europeos. Foi encargado por dez países para substituír varios modelos máis antigos, principalmente o Lockheed C-130 Hercules e o Transall C-160.[1]
Historia
O proxecto comezou co grupo para o Futuro Transporte Aéreo Militar Internacional (FIMA - Future International Military Airlifter), establecido en 1982 por Aérospatiale, British Aerospace, Lockheed e MBB para o desenvolvemento do substituto do C-130 Hercules e Transall C-160. A variación necesidades e as complicacións da política internacional causaron un lento progreso. Lockheed abandonou o grupo en 1989 e empezou o desenvolvemento da segunda xeración do Hércules. Cando se uniron Alenia e CASA o grupo pasou a chamarse Euroflag.
As necesidades iniciais das nacións participantes (Francia, Alemaña, Italia, España, Reino Unido, Turquía, Bélxica e Luxemburgo) eran de 212 aeronaves. Coa marcha atrás de Italia e a revisión dos pedidos, as solicitudes pasaron a ser de 180 avións, co primeiro voo en 2008 e a primeira entrega en 2009. O 28 de abril de 2005Suráfrica uniuse como membro do programa, aínda que o avandonou en novembro de 2009 alegando un sobrecusto de máis de 3.500 millóns de euros.
O Airbus A400M desenvolveuse principalmente como substituto dos C-130 e C-160, que actualmente son as principais aeronaves de carga dos países membros do grupo. Cando se complete o A400M será o primeiro Airbus construído cun propósito unicamente militar.
O 26 de xuño de 2008 tivo lugar en Sevilla a cerimonia de presentación mundial do primeiro A400M rematado. A cerimonia, tradicionalmente coñecida como 'roll-out' no sector aeronáutico, estivo presidida polo Rei Juan Carlos I de España,
Logo de tres anos de atraso, o primeiro voo do A400M foi realizado o 11 de decembro de 2009, engalando ás 10:15 pilotado por un español, Ignacio Lombo, e un británico, Edward Strongman, acompañados de catro enxeñeiros franceses.