Ahmad ibn Fadlan

Modelo:BiografíaAhmad ibn Fadlan
Nome orixinal(ar) أحمد بن فضلان Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 879 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortec. 960 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bulgaria do Volga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, diplomático, xeógrafo, viaxeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século X Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Manuscrito da crónica de ibn Fadlan.

Ahmad ibn Fadlān ibn al-Abbās ibn Rāšid ibn Hammād (en árabe: أحمد بن فضلان بن العباس بن راشد بن حماد) foi un escritor e viaxeiro árabe do século X que escribiu unha crónica das súas viaxes como membro da embaixada do Califato Abasí de Bagdad ó rei dos protobúlgaros do Volga, o Kitāb ilà Malik al-Saqāliba (كتاب إلى ملك الصقالبة). O seu relato é moi coñecido, xa que proporciona unha descrición dos viquingos do Volga, incluíndo o seu testemuño ocular dun enterramento viquingo cun barco funerario.

A embaixada

Ahmad ibn Fadlan foi enviado dende Bagdad en 921 para servir como secretario dun embaixador do califa abasí Al-Muqtadir ó iltäbär (rei vasalo baixo os kházaros de Bulgaria do Volga, Almış.

O obxectivo da embaixada consistía en que o rei da capital Bolghar rendese homenaxe ó califa al-Muqtadir e, en troques, dar ó rei cartos para financiar a construción dunha fortaleza, dunha mesquita e para converter aos protobúlgaros ao islam. Aínda que acadaron Bolghar, a misión fracasou porque á altura do Volga, a caravana foi apresada por un grupo de viquingos, os Rus, de onde procede o nome de Rusia, que os levaron canda si, para realizar as súas campañas nórdicas.

Xa de volta, Ibn Faldlan entregoulle un documento ó califa, amosando as causas polas cales non puido completar a misión que lle mandaran. Con base a este documento, espallado por todo o mundo, Michael Crichton escribiu a súa obra Eaters of the Dead; a cal á súa vez, serviu de base para o filme The 13th Warrior.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!