Agathe Mella, de nome orixinal Léonie Marie Jacqueline Cordier, nada no 6º distrito de Lión o 11 de setembro de 1909 e finada en Gaillon o 6 de agosto de 2003, foi unha personalidade da radio francesa. Incorporouse á Radiodiffusion Nationale tras a segunda guerra mundial e participou na reestruturación da Radiodiffusion-Télévision Française.
Traxectoria
Agathe Mella casou en 1935 en Neuilly-sur-Seine co británico Antoine "Tony" Mella, futuro tenente da Resistencia francesa e deseñador da cruz da Liberación e da Medalla da Resistencia Francesa.[1] Ela mesma participou na Resistencia dende a radio.[2]
Foi a primeira muller encargada da programación en París-Inter (1955-1968). Traballou principalmente cos produtores Jean Chouquet, François Billetdoux, Jean Garretto, Jose Artur e Roland Dhordain. Segundo este último,
"grazas a ela, os fundadores de France Inter lograron que o proxecto tivese éxito".
En 1973 foi nomeada directora de France Culture. Foi a primeira personalidade e, amais, a primeira muller en ostentar este cargo. Posteriormente traballou na Office de radiodiffusion-télévision française, no departamento de asuntos exteriores. Até 2001 estivo a cargo dos arquivos da historia da RTF, a ORTF e Radio France.[3]
Notas