O aeroporto de Luleå (IATA: LLA, ICAO: ESPA) é un aeroporto sueco situado a 7 km ao sueste da cidade de Luleå, preto da vila de Kallax. No ano 2016 tivo un total de 1 197 014 pasaxeiros,[1] sendo o quinto aeroporto máis concorrido de Suecia. É o aeroporto máis grande do norte do país e a súa pista tamén é usada pola base da forza aérea F 21 Luleå.
Historia
O aeroporto comezou como o aeródromo militar F 21 Luleå en 1941 e posteriormente abriu ao tráfico civil cara Estocolmo o 11 de setembro de 1944.[2] As operacións invernais comezaron no ano 1948 cando se construíu un hangar e as luces da pista estiveron operativas. Os voos chárter internacionais iniciáronse en 1969. A terminal actual inaugurouse en 1984. Dende os anos 80 o número de pasaxeiros reducíse substancialmente en todo o país, pero no ano 1991 acadouse a cifra dun millóns de pasaxeiros en Luleå, número que volvería a repetirse en 2011. No ano 1999 ampliouse a pista de aterraxe do aeroporto ata acadar os 3 350 metros para voos de carga, pero este feito non significou un incremento no tráfico. No ano 2016 polas instalacións do aeroporto pasaron un total de 1 197 014 pasaxeiros.[3]