Para describir as acidoses metabólicas hai que ter en conta que, no ser humano, a cantidade de sodio debe ser igual á cantidade de ión cloruro, á de ión bicarbonato e mais o anión gap. O anión gap representa un conxunto de anións cuxas concentracións son moi reducidas en condicións normais: ácido láctico, cetoácidos, sulfatos etc.
Clasificación
En función deste anión gap clasifícanse en:
Acidose metabólica con anión gap aumentado: ocorre cando hai algún anión pertencente a esta anión gap cuxas concentracións están por riba do normal. Estes anións poden ser:
Ácido láctico: a súa cantidade vese elevada nas infeccións graves, nas hipoxemias e, en menor grao, co exercicio físico.
Cetoácidos: ocorre en pacientes diabéticos mal controlados, en alcólicos, malnutridos e tras un xaxún alongado.
Ácidos orgánicos, como fosfatos ou sulfatos.
Ácidos esóxenos: substancias que son ácidas per se ou algúns dos seus metabolitos. Ocorre nas intoxicacións por salicilatos ou por etilenglicol.
Acidose metabólica con anión gap normal: denomínanse así as acidoses metabólicas que cursan cun anión gap normal.
Hipercloremias secundarias a un déficit de bicarbonato.
Con tratamentos para alcalinizar os ouriños nas síndromes de lisetumoral.
Mecanismos de compensación
A acidose metabólica provoca un estímulo para o Sistema nervioso central que incrementa a frecuencia respiratoria e a profundidade da mesma. Isto xera un descenso da presión parcial de CO2.
Manifestacións clínicas
Son escasas e fundamentalmente débense á enfermidade causal da acidose. Se a acidose é grave pode aparecer somnolencia, cansazo e outras afeccións do sistema nervioso.