Fumadores, residentes en grandes altitudes, pacientes con enfermidades pulmonares ou cardíacas crónicas
Diagnóstico
Gasometría arterial, oximetría de pulso
Prevención
Deixar de fumar, vacinacións, manexo adecuado de doenzas crónicas
Tratamento
Administración de osíxeno, tratamento da causa subxacente
Prognose
Dependente da causa e da resposta ao tratamento
Frecuencia
Depende da poboación e a causa subxacente
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A hipoxemia é a diminución anormal da cantidade de osíxeno transportado no sangue arterial, caracterizada polas cifras de presión parcial de osíxeno sanguíneo por debaixo das consideradas normais.[1]
Pode ser causado pola diminución da presión inspirada de osíxeno (PIO2), por hipoventilación alveolar, por unha difusión inadecuada do osíxeno a través do alvéolo, polo desequilibrio da ventilación-perfusión e por shunt.
A baixa concentración de osíxeno no sangue provoca unha deficiente liberación de osíxeno nos tecidos, esta hipoxia pode causar un baixo rendemento mental ao afectar ao Sistema nervioso central.
Notas
↑"hipoxemia"(PDF). web.archive.org; www.edu.xunta.gal; DXPL; Dicionario galego de termos médicos. p. 384. Archived from the original on 10 de novembro de 2021. Consultado o 18 de novembro de 2024.