O dos acelulares (ou Acytota) é un dos tres superreinos en que algunhas clasificacións da bioloxía moderna dividen os seres vivos. Os membros deste superreino son organismos que se reúnen nun único reino: o reino Virus. O seu clado oposto é Cytota, que reúne a todos os organismos celulares, os dominios Bacteria, Archaea e Eukarya.
Os virus están considerados como parasitos intracelulares obrigatorios, pois por si sós non son capaces de reproducirse. Poden ter ADN ou ARN, envolvidos por unha membrana proteica.
Este tema aínda é moi discutido e posto en dúbida, dado que non se sabe aínda se os virus poden ser considerados como seres vivos. Non se reproducen por conta propia, non se alimentan, non teñen orgánulos, nin metabolismo etc. O concepto de "vida" sen estrutura celular volveu emerxer con forza na comunidade científica en 2003 como consecuencia do descubrimento dos mimivirus.[3].
Taxonomía
Os que consideran que os virus son seres vivos establecen para eles un novo dominio da vida, os Aphanobionta.