O aceite de argán ou óleo de argán é un aceite producido coas sementes da árbore do argán (Argania spinosa), endémica de Marrocos, que é moi resistente á seca. É unha especie en perigo de extinción e está protexida pola UNESCO.[1] Esta árbore medra brava en solos semiáridos.[2]
Óleo
O aceite do argán é a base fundamental da cultura dos bérberes. Cultivárono e aplicárono tanto na súa alimentación como na súa pel e cabelos, dende hai séculos. As mulleres bérberes, producen o aceite de argán para as necesidades alimentarias da poboación local, mais tamén no uso tradicional de atención pola súa pel e o cabelo.
Os bérberes tiraban as sementes do argán dos excrementos das cabuxas, que rubían polas árbores e comían os froitos. Hoxe en día xa non se apañan así, senón directamente das árbores. O aceite obtense esmagando (O rendemento de óleo é do 43% das carabuñas) e tamén con solventes en caso de uso industrial.
Tómase esparexido no pan, para preparar cuscús, ensaladas etc. Hai cooperativas só de mulleres bérberes que producen o óleo de argán.
Propiedades e beneficios na cosmética
O aceite de argán é rico en ingredientes naturais que desempeñan un papel na renovación e rexeneración celular.
Na farmacopea tradicional marroquí , o aceite de argán adóptase para os tratamentos corporais para combater os estragos da idade e o clima: funciona perfectamente nas engurras e sequidade da pel, reduce as pegadas visíbeis deixadas polos grans do acne, secuelas da varicela, e outras lesións da pel ou irritacións de ditas marcas de estrías. Tamén en queimaduras e gretas, eccemas, psoríase ou calquera alteración que garde relación coa pel. Emprégase tamén para o coidado do coiro cabeludo tornando o brillo ao cabelo, iluminándoo de novo a través da súa alta capacidade nutricional e fortalece as unllas crebadizas. Por último, o aceite de argán alivia a dor nos artellamentos sendo moi popular para as masaxes corporais.[3]
↑"مجله آنلاین". Malak Bio(en persa). Consultado o 2021-11-09.
↑ 4,04,1"Argania spinosa". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.
Véxase tamén
Bibliografía
Rachida Nouaim: L'arganier au Maroc: entre mythes et réalités. Une civilisation née d'un arbre, une espèce fruitière-forestière à usages multiples. París, L'Harmattan (2005) ISBN 2-7475-8453-4