Abdón Trillo Couce, nado en 1877 e finado en Madrid o 29 de xuño de 1952[1], foi un político galego.
Traxectoria
Foi un dos fundadores da Cruz Vermella de Vigo[2]. Foi alcalde de Vigo o 14 de novembro de 1921, e permaneceu no cargo ata o 19 de novembro de 1922. Fóronlle concedidas honras de xefe superior de Administración civil en 1923. Foi con Joaquín Fontán Ozores un dos artífices da construción do estadio de Balaídos. Socio do Centro de Hijos de Vigo, pertenceu á súa directiva durante o período republicano.
Notas