Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Abd al-Aziz.
Abd al-Aziz ibn Musa[1] (عبد العزيز بن موسى) foi o primeiro gobernador de Al-Andalus.
Foi o fillo do gobernador de Ceuta Musa ibn Nusayr, gobernador da Ifriqiya. Atravesou o estreito de Xibraltar en 712 para participar na toma da Hispania visigoda, tornándose no primeiro wali do Al-Andalus.
Conxuntamente co seu irmán Abd Allah, suprimiu a revolta en Sevilla, de onde partiu en dirección a Málaga, Granada e Orihuela para celebrar un pacto co conde visigodo Teodomiro, polo que este aceptaba o islam a cambio de conservar as súas terras. En 714 asumiu o cargo do pai, converténdose no terceiro emir da España musulmá.
Despois iniciou un período de conquistas que o levou até Tarragona e Narbona. No ano 715 toma como esposa a Exilona, viúva de Rodrigo, pero ante o seu crecente poder ao ano seguinte o califa Solimán o manda asasinar.
- ↑ "Abd al-Aziz ibn Musa". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22.