Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle

Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle
PaísFrancia
LocalizaciónSaint-Wandrille-Rançon e Rives-en-Seine
Coordenadas49°31′46″N 0°46′00″L / 49.529561111111, 0.76655
DioceseArquidiocese de Rouen
Orde relixiosaOrde de San Bieito
EstiloArquitetura carolíngia
Páxina webhttp://www.st-wandrille.com/
editar datos en Wikidata ]
Abadía de Saint-Wandrille

A abadía de Saint-Wandrille, antigamente chamada abadía de Fontenelle, é unha abadía beneditina situada no departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía (Francia).

Instaurada no século VII, aínda hoxe está parcialmente en pé. Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.[1]

Historia

Ruínas da abadía

San Wandrille fundou en 649 a abadía de Fontenelle, sobre unha propiedade concedida por Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria. En 787, por orde de Carlomagno, Landry, abade de Jumièges e Ricardo, conde de Ruan estableceron un políptico, hoxe perdido. Foi a terceira abadía da provincia de Ruan, despois de Saint-Ouen e de Saint-Evrault.

Nunha carta de Carlos o Calvo datada o 21 de marzo de 854, pódese ler que os relixiosos de Fontenelle posuían bens en Le Pecq (Yvelines), en Chaussy-en-Vexin (Val-d'Oise), en Pierrepont, na comuna de Grandcourt (Somme), Bution (lugar aínda sen localizar, pero probabelmente cerca de Arpajon) e Marcoussis en Essonne.

A abadía contaba con 4 264 leiras e 28 muíños, ademais doutras propiedades, que, porén, se perderon practicamente por mala xestión.[2]

Contra 858 foi saqueada polos normandos e abandonada.

Contra 960, Ricardo I de Normandía propiciou o restablecemento dos monxes levados por Gérard de Brogne. Roberto o Magnífico emitiu cartas para a devolución das propiedades usurpadas.

A lenda di que o cabaleiro normando Roxerio de Hautreville, futuro primeiro conde de Sicilia, namorou de Xudite de Évreux cando a viu na abadía, onde a enviaran xunto coa súa irmá Emma. A parella casaría en 1061 na cidade calabresa de San Martino di Taurianova.[3][4]

Durante as Guerras de relixión de Francia, en maio de 1562, os protestantes e os seus seguidores saquearon a abadía.

A Revolución francesa suprimiu a institución e a pedra dos edificios góticos reutilizouse noutras construcións.

Desde 1862 está baixo protección como monumento histórico.

Edificios

  • Único claustro gótico completo na Alta Normandía
  • Gran refectorio
  • Patio de honor
  • Ruínas da abadía gótica
  • Granxa medieval

Notas

  1. Abbaye de Bénédictins Saint-Wandrille dite Abbaye de Fontenelle en pop.culture.gouv.fr (en francés).
  2. Kuchenbuch, Ludolf (1991): Grundherrschaft im früheren Mittelalter. Idstein, Darmstadt, Hesse, Alemaña: Schulz-Kirchner Vlg.
  3. Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X.
  4. Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!