A primeira noite de quietude (en italiano: La prima notte di quiete) é un filme italiano de 1972 dirixido por Valerio Zurlini. Está protagonizado por Alain Delon, Sonia Petrovna, Renato Salvatori, Alida Valli, Adalberto Maria Merli, Salvo Randone e Lea Massari. A versión estreada en Francia e Alemaña Occidental tiña unha duración menor da estreada en Italia.
Estreouse subtitulado en galego o 21 de novembro de 2020 a través da TVG.[2]