Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Reigosa.
A Reigosa é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 208 habitantes (109 homes e 99 mulleres).
No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.
Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.
Lugares e parroquias
Lugares de Tourón
Parroquias de Ponte Caldelas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos